Por que caen as follas no outono?
Chegou o outono e con el o cambio de cor das follas das árbores e das viñas. Ese cambio de cor é o que nos pode dar unha pista para saber porque caen as follas no outono, pois a medida que a cor cambia a folla seca e morre.
Nesta época disminúen as horas de luz polo que as follas deixan de fabricar clorofila e as plantas deixan de estar activas. A medida que desaparece o pigmento verde van facéndose visibles os produtos de desfeito que foron acumulándose ao longo do ano e as follas cambian de cor enchendo a paisaxe de amarelos, laranxas, ocres ou vermellos. A saiba tamén abandoa as follas, que, ao secárense quedan separadas das ponlas e forman na sua base unha zona dura e crebadiza que rompe á máis mínima brisa.
Algunhas plantas conseguen desenvolver adaptacións para resistiren ao frío e a falla de luz facendo que as súa follas teñan forma de agulla e cubertas duras (como os piñeiros e abetos).