Cabazas, calacús, colondros...

Xea
2 Novembro 2011
calacú

Estes días están de actualidade estas plantas coñecidas pòlos seus voluminosos froitos que se empregan como elemento ornamental das festas do Samaín, Halloween e Defuntos.

As cucurbitáceas son unha familia de 850 especies de prantas que se cultivan desde tempos moi antigos para empregar os seus froitos e sementes como alimento e algunhas especies como recipientes.

Nesta familia atópanse froitas que se consomen en directo, como o melón e a sandía, en ensaladas, como os cogombros e os cabaciños, e cociñadas, como as cabazas, colondros e calacús.