A caída de auga máis alta do mundo

6 Septembro 2012
salto Ángel

O Salto Ángel e o salto de auga mais alto do mundo, cunha altura de979 metros. Localizase no río Kerep ou Gauxa no Parque Natural Canaima, no estado Bolívar, en Venezuela.

O seu nome púxose en honra a Jimmy Angel, un aviador estaunidense que o deu a coñecer no mundo. O nome indíxena, en pemón, é Kerepakupai Vená, que significa “salto do lugar máis profundo”

O Parque Natural Canaima foi declarado Parque Nacional o 12 de  xuño de 1962  e Patrimonio da Humanidade, pola Unesco, en 1994. Ocupa unha superficie de 30.000 km2 (un dos mais extensos do mundo), ata as fronteiras con Guiana e Brasil.

O Salto Ángel atópase illado no medio da selva e resulta complicado achegarse. Pódese facer por medios naturais, cruzando a selva, por vías acuáticas ou en helicóptero.

Salto Ángel-m