A buxaina volve a xirar

Despois de un tempo de silencio retomamos o camiño
10 Xaneiro 2019
Trompo

Foron máis de dous anos sen que A Buxaina volvera a moverse na rede do ciberespacio, nos que diferentes circunstancias obrigáronnos a interromper unha traxectoria de catro anos continuados de divulgación científica ao noso xeito, o estilo Asorey, no que a comunidade educativa do nos IES, desde o alumnado e profesorado ata outros colaboradores ocasionais, participaron nunha experiencia, daquela bastante novedosa.

Desde o primeiro momento, A Buxaina foi unha xanela permanentemente aberta que nos permitiu amosar o froito do traballo do noso alumnado nos diferentes formatos que a rede nos permitia (texto, imaxes, fotografías, presentacións, vídeos...). Xanela que nos conferiu transparencia, porporcionándonos unha nova maneira de ollar cara afora na procura de respostas (que case sempre traían consigo máis preguntas), ao mesmo tempo que daban visibilidade á nosa actividade educativa.

A pesar desta prolongada ausencia, sempre estivo na nosa vontade dar continuidade a esta ferramenta, que coa súa versatilidade permitiranos incorporar novos formatos, como o podcast, en colaboración coa radio escolar, que no presente curso comeza a súa andaina no IES Asorey.

Voltamos a lanzar esta buxaina coa pretensión de que permaneza xirando o maior tempo posible co impulso de todos.

Esperamos a túa colaboración!!!