A Buxaina cumple un ano
3 Decembro 2011
Hai un ano, un grupo de profesores e profesoras comenzábamos con moita ilusión este proxecto coa idea de que tivese continuidade no tempo, pero tamén cun pouco de medo a non ser capaces de ilusionar ao alumnado para que se fose sumando.
Agora, despois de 12 edicións, xa somos maiores e estamos convencidos de que a idea funciona.
Felicitamos aos máis de trescentos colaboradores, rapaces e rapazas, profesorado do centro, ex alumnos, amigos de fóra... que fixeron posible chegar ata aquí. E tamén felicitamos aos nosos lectores, sen eles non tería sentido a revista.
Parabéns e que cumpramos moitos máis!!