Brañas depuradoras de auga

5 Xuño 2012
depuradora ecolóxica

Este sistema de depuración de augas, tanto residuais como industriais, elimina as impurezas e contaminantes que esta poida ter. 

Os contaminantes que poden ser de orixe orgánico ou químico elimínanse de maneira natural mediante brañas artificiais. Este novo sistema diferenciase dos outros presentados por outras universidades, como pode ser a de Santiago de Compostela, por incorporar un sistema de pretratamento da auga mediante un biodixestor anaerobio que mellora os resultados.

Os diversos modelos de brañas foron probados con éxito en plantas piloto como poden ser a de Santiago e O Carballiño . Pronto sairán ao mercado baixo a firma Sedaqua. As grandes vantaxes destas instalacións fronte a unhas convencionais son que custa moitísimo menos a nivel económico, enerxético e de mantemento.

Na depuración natural, as augas contaminadas lévanse mediante tuberías ao subsolo dunha parcela acotada, onde posteriormente se coloca grava e se planta vexetación típica de zonas húmidas. As raíces destas plantas mediante procesos de filtración, captación e oxidación reteñen e eliminan a materia orgánica e os axentes químicos ou metais que se pretenden depurar, polo que non require un grande consumo enerxético e tampouco precisa a adición de produtos químicos para favorecer a súa depuración.

Ideas innovadoras

No tocante ás ideas innovadoras, a empresa foi creada a partir da tecnoloxía da Universidade da Coruña, promovida por dous doutorandos do grupo de enxeñería química.

Este sistema está indicado para núcleos de poboación de arredor de 2.000 habitantes. Don Manuel Soto (enxeñeiro químico) destaca tamén o feito de que ao se toparen as augas por debaixo da grava, evítanse os malos cheiros e a parcela mesmo se poderá converter nun elemento medioambiental. Esta integración paisaxística permite pasar inadvertida a instalación.