Bivalvos do Serrido

O banco marisqueiro de Cambados
29 Marzo 2014
serrido

O Serrido é o banco marisqueiro máis importante de Cambados. Está situado na desembocadura do Umia, no fondo da enseada que se pecha co istmo da Lanzada e a península do Grove.

É una zona moi produtiva onde se pañan varios tipos de bivalvos (moluscos co corpo cuberto de dúas cunchas) de interese comercial: varios tipos de ameixas, berberechos, navallas e longueiróns.

A explotación do Serrido lévana as mariscadoras de Cambados, que se encargan ademáis de facer limpezas e sementeiras periódicas.