"The Birds of America", de Audubon, o libro de natureza máis caro do mundo

Inclúe imaxes de seis aves extintas
15 Decembro 2013
Audubón-aves América

O libro The Birds of America, de  John James Audubon, acadou en 2010 o récord do mundo de ser o libro máis caro da historia, ao ser subhastado por 8.100.000 euros.  

Audubón foi un aventureiro, naturalista, ornitólogo e pintor, de formación autodidacta, considerado un dos máis importantes ilustradores de animais.

Naceu o 26 de abril de 1785 nunha plantación de Les Cayes (Santo Domingo), fillo de Jean Audubon, capitán de barco e comerciante francés, e dunha criolla, Mlle. Rabin. En 1789 o pai volveu a Nantes (Francia) acompañado do seu fillo que logo foi criado por Anne, a súa madrasta. Nese tempo comezou a recibir clase de debuxo e a interesarse polos paxaros.

De neno criouse en Francia e logo foise a Estados Unidos onde casou con Lucy Bakewell, en 1808 e nacionalizouse  estadounidense en 1812. Supervisou unha granxa familiar preto de Filadelfia e comezou os sus estudos da natureza, facendo os primeiros anelamentos de aves do continente americano. Ataba fíos ás patas de Sayornis Phoebes  e determinou que volvían aos memos lugares de anelamento ano tras ano. Máis tarde Navegou polo río Missisipi coa súa arma, as súas pinturas e un asistente coa intención de atopar e pintar todas as aves de América do Norte.

Audubón

En 1821 viveu na plantación Oakley, que na actualidade é o Audubon State Historic Site.

Representaba ás aves de forma natural no seu propio ambiente. Despois de cazalas colocabaas con expresións naturais, suxeitándoas con arames, para poder copialas.

Viaxoua a Inglaterras e conseguiu que se publicase a súa obra The Birds of America  e foi nomeado membro da Royal Society de Londres.

Durante este tempo, Audubon continuóu facendo expediciones a Norteamérica e mercou unha propiedade no río Hudson, que agora é o Audubon Park.

En 1842 publicou unha versión popular de Birds of America en Estados Unidos.

Máis tarde fixo un traballo sobre os mamíferos, Viviparous Quadrupeds of North America, completada polos seus fillos.

Morreu en Nova Iork o 27 de xaneiro de 1851.

AS AVES DE AMÉRICA (The Birds of America )

Está Formado por 435 láminas de  99 cm x 66 cm, organizadas en catro volúmenes, con 1.055 debuxos de aves. Cada lámina foi pintada a man por Audubón, respetando o tamaño natural das aves. A primeira edición foi realizada en fascículos entregados por subscripcións ao longo de 12 anos.  O libro ía acompañado de Ornithological Biographies(cinco tomos), escrito xunto co ornitólogo escocés William MacGuillivray. Foi publicado entre 1827 y 1839.

Inclúe imaxes de seis aves extintas: a cotorra de Carolina (Conuropsis carolinensis), a pomba migratoria, (Ectopistes migratorius), o pato del Labrador (Camptorhynchus labradorius), a alca xigante (Pinguinus impennis), o mazarico esquimal (Numenius borealis) e o galo das pradeiras (Tympanuchus cupido cupido).

A calidade do traballo artístico e de impresión da primeira edición elevaron o prezo da colección a preto de 1.000 dólares, unha fortuna para a época. Producíronse  200 exemplares, dos que a maioría quedaron incompletos.

En 1944 editáronse 1.199 exemplares nun obradoiro de litografía en Filadelfia a prezos máis económicos.

Da primeira edición consérvanse  na actualidade  11 copias en mans privadas e 108 en museos, bibliotecas e universidades

No ano 2000 acadou o prezo de 8.100.000 euros, récord do libro máis caro do mundo naquelas datas, e segue a ser o libro máis caro relacionado coa natureza.

Ata o momento lévanse feito 57 edicións en distintos formatos e prezos desta obra.

http://web4.audubon.org/bird/boa/BOA_index.html