Biosolar: paneis solares con materiais ecolóxicos

3 Maio 2012
biosolar

Os novos paneis solares BackSheet están feitos de materiais ecolóxicos. Os paneis solares son dispositivos que atrapan a enerxía solar e convértena en corrente eléctrica continua.

O traballo dos paneis solares basease no efecto fotovoltaico que activa ós elementos semicondutores. Os materiais semicondutores utilizados son, principalmente, o silicio monocristalino e o silicio policristalino, que se atopan en cada unha das células solares e están cubertos por vidro ou outros materiais a proba de auga. Todas estas capas que integran os paneis solares colócanse sobre un substrato ou capa inferior que xeralmente conten materiais como o poliéster ou o Tedlar

Os paneis solares poden converterse nun dispositivo máis “verde”, cando están fabricados con materiais ecolóxicos. Estos paneis solares presentan un substrato (backsheet) que non está construído con produtos químicos baseados en materiais como o poliéster e o Tedlar. No seu lugar esta lámina inferior do panel está elaborada cun material completamente ecolóxico, obtido das sementes de ricino.