A Biodiversidade en perigo

Na actualidade existen máis de 17.000 especies en grave risco de extinguirse
2 Xaneiro 2019
caza

A extinción é a desaparición de todos os membros dunha especie, e hai moitos factores que poden facer que isto ocorra. Hai tamén varios tipos de extincións como a terminal, que é aquela que non deixa ningún tipo de descendencia, e á súa vez divídese en dous tipos: a extinción masiva, que pode ser de dúas formas, acabando mínimo co 10% das especies nun ano, ou acabando mínimo ca metade das especies en 3 millóns e medio de anos; e o outro tipo é a extinción de fondo, que é a desaparición progresiva de unha ou varias especies ata deixalas sin descendencia ó largo de centos de miles de anos. O outro tipo de extinción é a filética, que é aquela na que se extingue unha especie pero a súa descendencia segue existindo. Tamén está a coextinción que é a perda dunha especie pola extinción doutra.

esquema perda biodiversidade
deforestación

Agora vou falar das causas, aínda que nós mesmos temos a gran parte da culpa das extincións. As causas máis frecuentes son por fenómenos demográficos e xenéticos, contaminación xenética, degradación do hábitat, predación, competición, enfermidades, quentamento global e a acción humana directamente. 

Por causa da acción humana crese que empezou unha etapa de extinción masiva e que en 2100 máis da metade das especies da actualidade estarán extintas. Nos últimos 100 anos extinguíronse máis de 120 especies e actualmente hai 17.291 en peligro de extinción según a (UICN).

contaminación

A extinción de especies tamén nos afecta, xa que modifica o noso ecosistema e tamén pode causar a desaparición doutros animais porque esa perda crea un desequilibrio, e ademais de ter a culpa da maior parte da desaparición das especies, os gobernos non poñen da súa parte para que isto non ocorra, xa que hai varias posibles solucións para que se reduza esta ola de extincións, por exemplo reducindo a contaminación, prohibindo a caza e a deforestación, a destrución de ecosistemas e a delimitación de áreas protexidas e reservas naturais.

 

 

See video