Biocarbón como sumidoiro de dióxido de Carbono

10 Decembro 2012
biocarbón

Estase a realizar un estudo, coñecido como Proxecto Biocar que evalúa a capacidade do biocarbón, que se obtén da descomposición de residuos orgánicos, como sumidoiro de dióxido de carbono e o seu efecto como aditivo agrícola. Isto pretende aproveitar as cualidades do biocarbón para sacar rendemento dos residuos agrícolas reducindo, desta maneira, as emisións de dióxido de carbono á atmosfera e mellorando a calidade dos cultivos.

O proceso destinado á produción de bioenerxía consiste en someter estos residuos a altas temperaturas nun ambiente cunha baixa concentración en osíxeno. Como resultado obtense un material que almacena a metade do dióxido de carbono da materia orgánica descomposta reducindo as emisións á atmosfera deste gas de efecto invernadoiro. O biocarbón tamén ten outros beneficio no entorno onde se atope, xa que mellora as propiedades do solo, mantendo a humidade, incrementando a vida microbiana e mellorando así a produción agrícola.

Para levar a cabo este estudo producíronse diferentes tipos de biocarbón procedentes de cultivos de trigo, xirasol e millo, así como restos de poda e de oliveiras.

Este proxecto está programado para rematarse no ano 2013 e, nese ano comezarase a estudiar a posibilidade de instalar plantas de produción de biocarbón analizando o impacto económico potencial desta teconoloxía, tengo en conta os custos de produción e implantación e os beneficios medioambientais que supoña, para ver se é factible esta nova técnica.