Bicho bóla

11 Decembro 2012
bicho bola

En América coñécense como “chanchitos de terra” e en Portugal como “porquiños de San Antonio”.

A cochinilla e un animal terrestre de moi pouco tamaño e de cor gris escuro, que atopamos na vida cotiá sobre todo en lugares húmidos. Son eses bichiños que se lle tocas enrólase sobre si mesmos para protexerse.

Son crustáceos (isópodos) co corpo dividido en segmentos, sete pares de patas e unhas pequenas antenas na cabeza. Reprodúcense por ovos e as femias lévanos pegados. Poden vivir ata 2 anos. Habitan en zonas húmedas e cando o seu hábitat natural se seca ou se inunda poden invadir edificios. Non son perigosas pero cando aparecen en grandes cantidades son molestas.

Coñecense unhas 3.000 especies de isópodos no mundo. Os máis grandes poden chegar a 50 cme 1'7 kg. O isópodo xigante (Bathynomus giganteus) vive nos mares de todo o mundo entre os 200 e os1.200 m de profundidade.

As cochinillas pódense confundir cunha clase de miriápodos (diplopodos) que son semellantes de aspecto pero teñen dous pares de patas en cada segmento corporal.

bicho bola-1

isópodo xigante