Biberóns tóxicos
O bisfenol (BPA) é un composto orgánico co que se fabrican moitos dos produtos domésticos que empregamos a cotío, entre os que se atopan os biberóns de plástico.
O BPA resulta moi perxudicial para a nosa saúde, producindo consecuencias tales coma o risco de sufrir diabetes, obesidade, cancro e problemas de fertilidade.
As partículas de bisfenol chegan ao noso aparello dixestivo a través dos alimentos.
Isto ocorre cando un recipiente que contén o composto se somete a unha temperatura alta. Así, as partículas despréndense, introducíndose no noso organismo. Agora ben, se o recipiente non se quenta, non existe ningún risco de que o composto chegue ata nós.
No caso do embarazo, o bisfenol chega ao bebé a través da súa nai. Isto ocorre cando esta entra en contacto con este produto químico. Deste xeito, prodúcese o risco de incorporalo no seu sangue e, en consecuencia, o produto alcanza ao futuro bebé podendo conlevar problemas de malformacións.
Este é un composto que se leva empregando dende hai 40 anos. Xa se comezaron a retirar estos biberóns do mercado para substituílos por outros que conteñen a etiquetaxe “BPA free” , pero sempre queda a alternativa de utilizar biberóns de vidro.