As bebidas gasosas envellecen!
Nun estudio publicado en Dailymail.co.uk que traduce Ecologiablog, asegúrase que as bebidas gasosas poden envellecernos antes do previsto.
Os científicos alertan do perigo, e o problema en si son os fosfatos que abondan nas bebidas gasosas , un ingrediente para avivar o seu sabor e picor. É sutilmente nocivo, pois introdúcese no noso organismo e o vai deteriorando máis rapidamente.
Aínda que os expertos da Universidade de Harvard experimentaron en ratos, cren que os resultados poden ter os mesmos efectos nos seres humanos. Algunhas consecuencias poden ser que a pel e os músculos -no experimento- murchábanse, ademais dos danos que provocan ó corazón e ós riles. Lamentablemente o fosfato atópase tamén noutros alimentos como carnes, pasteis e pan.
A situación é preocupante porque moitos de nos consumimos gran cantidade de bebidas gasosas. Sabiades que soamente dúas latas á semana son suficientes para que aumente o risco de padecer de ósos fráxiles, cancro pancreático, debilidade muscular ou parálise? A recomendación é clara, levar unha dieta saudable e equilibrada.