A batata ou boniato

8 Novembro 2014
batata

A batata é un cultivo que  procede de Sudamérica, da rexión neotropical, onde, das moitas variedades que existen, as máis consumidas son a branca, a amarela e a morada.

A batata é moi empregada na alimentación humana e do gando e como materia prima na industria, incluso para a obtención de bebidas alcohólicas, dada a súa riqueza en substancias alimentarias e azucradas. Empréganse tamén en reposteria e pastelaría.