Balto e Hachico

6 Abril 2011
Balto

Este mes de marzo hai anos que morreron Balto (14 de marzo de 1933) e Hachhico (8 de marzo de 1933), dous cans que destacaron pola súa fidelidade e valentía. Nesta revista queremos adicarlle tamén un pequeno recoñecemento a eses animais que acompañan e axudan ás persoas desde tempos moi antigos.

BALTO

Balto foi un can de raza husky siberiano que naceu en Nome (Alaska) en 1923 e que se fixo famoso por levar as medicinas que salvaron a vida de moitos nenos.

Os primeiros anos da súa vida ocupouse en levar comida aos nenos e estaba considerado como un can lento e pouco axeitado para este traballo.

En 1925 unha epidemia de difteria afectou gravemente aos nenos da aldea de Nome e só atoparon soro para tratalos na cidade de Anchorage, a máis de1.600 kmde distancia. Decidiron levar os medicamentos en trenós arrastratdos por cans coa participación de máis de 100 cans (entre os que estaba Balto) e vinte mushers. Cando o can guía  rompeu unha pata, Balto ocupou o seu lugar e ao entrar na aldea coas mediciñas recibeu o recoñecemento de toda a xente e fíxose famoso, aínda que o mérito non era únicamente del. Saiu nos periódicos de todo o mundo e fíxoselle unha estatua en Nova Iorque, no Central Park coa inscripción “resistencia, fidelidade, intelixencia”.

En 1927 foi levado ao zoolóxico de Cleveland, xunto cos outros cans da aventura. Morreu o 14 de marzo de 1933.

Sobre a súa historia fixéronse varias películas de animación.

Hachico

HACHIKO

Foi un can de raza akita inu que naceu o 10 de novembro de 1923 e morreu o 8 de marzo de 1935. En 1924 foi adoptado polo profesor Eisaburu Ueno de universidade de Tokio que ía todos os días en tren a traballar. Cada día Hachico esperaba ao seu amo na porta da estación de Shibuia para acompañalo. En 1925 o profesor sufriu unha hemorraxia cerebral e morreu e Hachico seguiu esperando por el cada día fronte á estación onde era coidado e alimentado pola xente que pasaba por alí a miúdo. Aos 12 anos morreu de filariase e foi soterrado ao pé do profesor. Na estación fixéronlle un monumento.

Sobre as súa historia fixéronse dúa películas, en Xapón e Estados Unidos, e algún videoxogo.