Avións de papel

8 Febreiro 2011
avión papel

Quen non fixo algunha vez un avión de papel?.

O problema é que a maioría das veces facémolos en momentos inoportunos e interrumpimos as clases ou molestamos aos que están traballando. Na clase de ciencias aproveitamos este enredo para investigar e aprender física xogando. Estudiamos un pouco de aerodinámica: as forzas que actúan sobre un corpo suspendido no aire, a influencia do vento e facemos deseños estéticos ou simplemente divertidos.

 

Propoñemos un deseño moi simple a completámolo cunha presentación con máis ideas.

Material: unha folla de papel (usado, por suposto, estamos pola reutilización).

Procedemento

-Dobla unha folla de papel seguindo os debuxos.

Para facer que o avión xire doblas os extremos das ás en diferente sentido: unha cara arriba e a outra cara abaixo.

Fai distintas probas e observa o que pasa. Compara o resultado co vento a favor, en contra, de costado...

Pon a traballar a túa imaxinación creando outros modelos.

Podes quedar cos amigos e amigas para facer competicións: distancia percorrida, permanecia no aire, acrobacias...

 

avión papel d

Algúns consellos:

É moi importante que os pregues estean ben feitos en cada paso. O avión debe resultar simétrico. A ás e o corpo deben formar unha Y para evitar que voe do revés.

Os aleróns serven para correxir os movementos. Cando cae de punta hai que axustalos cara arriba. Se sube moi de golpe hai que axustalos cara abaixo. Se se torce hai que axustar os aleróns no sentido contrario. O mellor lanzamento conséguelle collendo o avión pola parte de adiante e lanzándoo como se fose un dardo. Mellor cara arriba para prolongar o voo.

avión papel 1