Aventuras no Polo Sur

4 Xaneiro 2012
Polo sur

Estes días estamos a conmemorar o centenario de dous fitos importantes na historia da ciencia e das exploracións: a chegada ao Polo Sur da expedición dirixida por Roald Amundsen, o 14 de decembro de 2011, e a de Robert Falcon Scott, o 17 de xaneiro de 2012.

É unha boa ocasión para coñecer a vida e as contribucións á historia dunhas persoas que estiveron dispostas a sacrificalo todo, incluso a vida, pola ciencia e a aventura.

Na actualidade o continente Antártico ou Antártida é un territorio que agocha moitos segredos: riquezas minerais, información do pasado, uns seres vivos excepcionais, paisaxes espectaculares... Pero tamén é un dos lugares máis sensibles do Planeta ao cambio climático, á exposición aos raios ultravioleta do sol ou á codicia dos que só buscan a riqueza rápida.

De momento o Tratado Antártico preserva algúns deses valores, e a maioría das actividades que alí se desenvolven son de estudio e investigación. Pero a saúde xeral da Antártida depende do que se faga no resto da Terra, moi especialmente dos gases que aumentan o efecto invernadeiro e que danan a capa de ozono.

Só algúns datos para reflexionar: na Antártida atópanse o 90% dos xeos superficiais da Terra e o 70% da auga dóce. Se o xeo da Antártida se fundise o nivel dos océanos elevaríase entre 45 e60 m.