Avances médicos do 2010

9 Marzo 2011
médico

Durante o ano pasado tivemos todo tipo de noticias sobre avances económicos, sociais, deportivos e científicos, que é o caso que hoxe se nos presenta. O caso mais destacado pode ser a culminación da investigación con células nai, chegando, en outubro do pasado ano, a implantarse en pacientes, pero tamén tivemos outros avances como o control  da hipertensión ou comprender mellor a enfermidade do Alzheimer. Destaquémolos un por un.

Respecto ó tema mais salientable da ciencia do ano pasado, o das células nai, podemos destacar dous importantes casos. O primeiro lévanos ata Estados Unidos, onde se levou a cabo o primeiro ensaio con células nai implantándoas na medula dun paciente con lesiones medulares. O que esperan e que estas células rexeneren os nervios danados da mesma. O segundo caso sitúanos en Escocia, onde, a un paciente que sufrira un derrame cerebral, ixectaronselle células nai ca finalidade de comprobar se estas células tamén rexerarían o tecido do cerebro. Din, que evoluciona correctamente. Para este ano, planéanse un total de 12 ensaios mais nos que se utilizarán de novo as células nai.

En segundo lugar podemos destacar uns avances importantes no campo da medicina personalizada, a enfermidade a tratar é o cancro. A investigación das mutación xenéticas de cada tumor de cada paciente nesta “medicina personalizada” pode ser mais eficaz na loita contra o cancro en vez de atopar unha unica solución para todos. No Reino Unido atopamos un programa piloto para analizar os cancros de 6.000 persoas e se todo marcha segundo o planeado, nun prazo de 5 anos comezarían as probas.

E sen saír do Reino Unido atopámonos con outro avance do 2010, esta vez no campo da diabete.  Tratase dun aparato, creado por uns científicos británicos, que funcionaría como un páncreas artificial e que estaría destinado a rapaces con diabetes do tipo 1, polo momento. Este aparato consistiría en dúas partes, unha primeira cuns sensores de glicosa a tempo real, e outra que consistiría en liberar insulina en proporción ó nivel que dea o análise. Este avance, calificado como un gran paso no manexo da enfermidade, sería de gran axuda no control da glucemina durante a noite.

No campo da hipertensión, o ano 2010 trouxo importantes descubrimentos, como poden ser dous fármacos que reducen notoriamente o risco de morte por insuficiencias cardíacas, principal causa de morte en moitos países. O primeiro descubrimento basease en que, aumentando a dose de estatinas, un fármaco que utilizan millóns de persoas para controlar o seu colesterol, poderíanse evitar unha gran cantidade de infartos ou derrames. Por outra banda o medicamento co nome de Ivabradine, destinado a curar a anxina de peito, un medicamento que custa  ó redor de 2$ que tamén podería reducir notablemente, ata un 26%, o risco de morte por insuficiencia cardíaca. A pesar de todo inda estamos lonxe de atopar a solución a este gran problema que afecta a un numero importante de persoas.

células nai

Células nai

Por ultimo, pero non por iso menos importantes, podemos salientar os progresos no campo da demencia. O ano pasado chegouse a comprender mais claramente o Alzheimer, a maneira mais común de demencia.  Uns científicos do Reino Unido outra vez, descubriron unha maneira de chegar a detectar a enfermidade incluso antes de que aparezan os primeiros síntomas. Como é posible isto? Pois baseádose nos niveles dunha proteína chamada beta-amiloide que pensan que pode xogar un papel fundamental na enfermidade en cuestión. Despois disto seguiríalle un escáner para detectar cambios no cerebro que poidan reflexar os comezos do Alzheimer. Así todo aínda non se atopou ningunha forma de erradicar, e nin sequera frear os síntomas desta enfermidade que afecta ó redor de 20 millóns de persoas no mundo.