Aumentou a familia no Asorey

Unha parella de rulas aniñou nas plantas do patio do estanque.
4 Maio 2011
rula turca

Como todos os anos algún paxaro atopa refuxio nas plantas que rodean o estanque do instituto e aproveita para facer o seu niño e criar. Este ano, de momento, criaron as rulas turcas.

A rula turca ou rula branca (Streptopelia decaocto) é unha especie natural de Asia que se estendeu cara a Europa a partir da Segunda Guerra Mundial. A Galicia chegou arredor de 1970.

Mide entre 28 e33 cme ten unha prumaxe de cor gris-ocre crara co peito rosado. Ten un colar negro arredor do pescozo e o extremo das ás gris escuro.

Aliméntase sobre todo de sementes.

É unha ave sedentaria, moi sociable que aniña nas árbores e ás veces ata nos edificios. Crías varias veces ao ano e pon dous ovos que choca durante 14 días tanto o macho como a femia. Aos 21 días as crías abandonan o niño.

rula turca-1