As augas residuais dan moito de sí

12 Xaneiro 2013
residuais

A tecnoloxía desenvolvida por Applied Cleantech permitirá converter os desfeitos sólidos dos sistemas municipais de augas residuais en materias primas para a industria do plástico en todo o mundo.

A tecnoloxía aplícase por medio dunhas instalacións compactas, automáticas e eficaces que reciclan os sólidos das augas residuais en bruto e convértenas en productos de consumo de alta calidade mediante procesos continuados (SRS-Sewage Recycling System).

Ao final do proceso, os sólidos das augas residuais pasan a ser materias primas limpas, de alta calidade e respetuosas co medio ambiente, conseguindo que as instalacións de purificación para o fabricante conten con puntos extra “verdes”.

O reciclado das augas residuais proporciona tres beneficios destacados.O primeiro, a reducción dos custos operativos regulares en torno a un 30% ademais de conseguir un aumento da capacidade. En segundo lugar, a fabricación e venta de artigos de consumo de alta calidade aforrando materias primas e, en terceiro lugar, a redución de gases de efecto invernadeiro, previndo así problemas medioambientais.

Grazas á aplicación deste sistema conseguirase que as instalacións de purificación se convirtan nun auténtico activo, unha fonte de ingresos e contribución medioambiental.