Auga por todas partes

Experimentamos coas propiedades da auga
30 Maio 2013
auga exp

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO A fixemos unha serie de experimentos no laboratorio de Ciencias Naturais. Nos queríamos demostrar que case todas as cousas conteñen auga.

Quentamos varios produtos (algúns alimentos) para observar se desprendían vapor e como cambiaban ao quentarse. Uns cambiaban de cor (como o sulfato de cobre), outros torrábanse (pan, galletas), outron amolecían (mazá)… e case todos desprendían vapor de auga. No seguinte video podedes ver como fixemos.