A auga de San Xoán

31 Maio 2013
auga s xoan

Na nosa zona aínda se conserva, en moitas casas, a tradición de facer a auga de San Xoán.

Din que esta auga ten propiedades máxicas e curativas. Prepárase na véspera do santo antes de que se poña o sol collendo, segundo os lugares, auga de unha ou de varias fontes na que se botan herbas aromáticas e flores, déixase toda a noite ao sereo e úsase o día de San Xoan para lavarse.

PLANTAS MÁIS EMPREGADAS:

Follas: herba de San Xoán, malva, herba luísa, tomelo, romeu, fiúncho, mentrastes, limoeiro, laranxeiro, vide, millo, fento macho....

Flores: chuchameles, rosa, estalotes...