Auga embotellada vs auga da billa

15 Maio 2014
auga embotellada

Por termo medio, unha persoa inxire ó día preto dun litro de auga, o que se corresponde con seis ou sete vasos, tendo en conta tamén a que achegan os propios alimentos.

Cada vez hai máis xente que prefire a auga embotellada antes ca auga do pozo ou da billa debido ós beneficios que nos aporta polo seu alto contido mineral. Pero non todo son vantaxes, xa que investigacións recentes atoparon trazas de nicotina nesta auga consumida pola poboación española. Ademais, algúns investigadores do Centro Nacional de Aceleradores e a Universidade de Sevilla analizaron os niveis de polonio radioactivo en 32 marcas de auga mineral e descubriron que as  concentracións desta substancia nociva en algunhas delas superan máis de cen veces ás que hai na auga da billa, aínda que sempre moi por debaixo dos valores perigosos, xa que esta última está tratada e potabilizada.

O polonio foi o primeiro isótopo radioactivo descuberto polo matrimonio Curie a finais do século XIX. Trátase dunha sustancia radioactiva que se encontra  de forma natural presente no solo, na auga e na  atmosfera, e que se incorpora ó auga mineral a través das rochas dos acuíferos e mananciais. Cando se acumula en distintas partes do corpo, como o fígado, os ris ou a médula, pode causar danos celulares, pero para iso requírese unha dose moi alta, que xeralmente é inhalada a través do tabaco.

Estes datos revelan tamén que os nenos de entre un e sete anos reciben unha dose maior cunha persoa de maior idade debido á súa menor masa corporal, o que fai que chame a atención as moitas campañas que se fan recomendando o consumo de auga embotellada fronte á de billa, sobre todo para os nenos.