A auga e a calor

Experimentamos coas propiedades da auga
6 Xuño 2013
auga calor

Nestes experimentos imos a investigar sobre a calor específica da auga.

-Comparación da calor específica da auga coa de outros materiais.

Quentamos diferentes materiais: auga, aceite, area, partindo da mesma temperatura (17 ºC)  e durante o mesmo tempo. A area acadou os 30 ºC, a auga 60 ºC e o aceite 106 ºC.

-Condución da calor:

Quentamos un anaco de xeo dentro dun tubo de ensaio con auga (para que non aboie rodeámolo de arame). Comprobamos que a auga conduce mal a calor, Mentres fervía nun extremo do tubo, seguía fría no outro e o xeo non se derretía.

A auga presenta unha gran oposición a variar a súa temperatura (ten unha elevada calor específica) polo que é un bo amortecedor térmico e regulador da temperatura nos organismos e no Planeta.

Un exemplo disto son as correntes mariñas que actúan como reguladores transportando masas de auga de distinta temperatura por todo o planeta e modificando as características ambientais das zonas costeiras.