Auga que corre. Ríos de Australia

O río Murray, o máis grande de Australia
2 Xuño 2013
Murray

Australia é unha illa-continente situada no Hemisferio Sur que ocupa 7.686.850 km2 de superficie. Está rodeada polos océanos Índico e Pacífico e separada de Asia polos mares Arafura e de Timor.

Unha enorme parte do país é desértica ou semiárida, cunha área tropical ao norte e temperada ao sur. No releve abondan as chairas.

En xeral os ríos australianos vense moi influídos polas tempadas de chuvias torrenciais alternadas con prolongadas secas que fan que algún cheguen a desaparecer durante varios anos.

Principais ríos de Australia:

Océano Índico: Flinders (1.004 km),  Victoria, Ord, Fitz Roy, Degrey, Fortescue, Ashburton, Gascoyne, Murchison e Murray, o máis longo con 2.375 m.

Lago Eyre (conca endorreica): Cooper Creek (1.113 km), Diamantina ( 942 km), Frinke e Neales.

O máis caudaloso e longo é o Murray, xunto cos seus afluentes Darling e Lachlan que desemboca no sur, no Océano Índico formando o lago Alexandrina.