Auga que corre. Ríos de América do Sur

19 Novembro 2013
América do Sur-ríos

En América do Sur atópanse os ríos máis grandes e máis caudalosos do planeta.

Os grandes ríos de América do Sur recollen as augas das zonas ecuatoriais e tropicais e e vértenas ao Océano Atlántico. A gran barreira da dos Andes impídelles verter ao Pacífico e os Macizos do centro e a costa do Brasil separanas grandes cuncas do Amazonas, Orinoco e Paraná.

O río máis grande e caudaloso de América do Sur e do mundo é o Amazonas. Ademáis ten a cunca máis extensa e acolle a selva máis grande e con maior diversidade do planeta.

OCÉANO ATLÁNTICO: Magdalena (Mar Caribe), Orinoco, Amazonas, Tocantíns, Paranaíba, San Francisco, Prata-Paraná, Negro-Neuquén, Desaguadero, Colorado…

OCÉANO PACÍFICO: Patía, San Juan

CONCAS ENDORREICAS: Parapetí e Dulce.