Auga que corre. O río Miño
O miño e o maior e máis importante río galego que atravesa o seu territorio de nordeste a suroeste recollendo auga das principais serras.
É un río que compartimos con Castela León (Sil) e con Portugal.
Desde que nace no Pedregal de Irimia (Serra de Meira) percorre 307, 5 km por terreos de Lugo, Ourense e Pontevedra ata rematar no océano Atlántico a carón do Monte Tegra, entre A Guarda e Camiña.
No seu percorrido atopamos terras chairas, canóns e fervenzas (sobre todo nos numerosos afluentes) e unha boa parte do seu curso está protexido.
Desde tempos antigos foi aproveitado para navegar en pequenos tramos, para a pesca e, sobre todo, para mover distintos aparellos hidráulicos: muíños, mazos, batáns… Na actualidade está explotado en numerosos encoros para producir enerxía eléctrica. Nas súa beiras cultívanse excelentes viños e abrollan fontes termais que foron empregadas desde tempos moi antigos.
Existen lendas que falan de homes e mulleres peixe no río Miño. Tamén neste río se citan as lavandeiras, as feiticeiras, os encantos e os xacios e xacias. A pervivencia destes seres ven de moi antigo. San Martiño de Braga (século VI) na súa obra “De correctione rusticorum” dinos: “Numerosos son os demos que, expulsados dos ceos, presiden mar, os ríos, as fontes e os bosques, aos que os homes ignorantes do Deus verdadeiro lles fan sacrificios, no mar adoran a Neptuno, nos ríos as Lamias, nas fontes as Ninfas, nos bosques as Dianas...”
APROVEITAMENTO HIDROELÉCTRICO DO MIÑO:
Centrais hidroeléctricas de potencia superior a 10 MW: Belesar, Os Peares, Velle, Cachamuíña ou Castadón (Loña), Castrelo, Alvarellos (Avia), Frieira.
ESPAZOS PROTEXIDOS NA CUNCA DO MIÑO:
-RESERVAS DA BISOFERA: Terras do Miño e Terras De Allariz
-PARQUES NACIONAIS: Invernadoiro, Enciña da Lastra
-LICS: Serra do Xistral, Parga-Ladra-Támoga, Canóns do Sil, O Courel, Monte Faro, Pena Veidosa, Baixo Miño, Careón, Río Cabe, Pena Trevinca, Macizo Central, Bidueiral de Montederramo, Río Navea, Río Tea, Gándaras de Budiño
-ZEPA: Enciña da Lastra