A auga que cae do ceo

A auga na cultura galega
Xea
1 Febreiro 2013
pinga

A chuvia reparte pola terra a auga que o sol e o vento sacan do mar transportada nas nubes.

A chuvia cae sobre a terra, esbara pola superficie, enchoupaa e penetra no seu cerne. Forma as veas das que se nutren os milleiros de regos e mananciais, limpa o aire e vivifica toda a natureza.

Da importancia da chuvia dan fe a cantidade de palabras para expresar todas as súas formas e variedades e os numerosos ritos e tradicións que tiñan lugar por toda Galicia para atraela ou alonxala. Rogativas con santos para pedir a chuvia, ritos de inmersión total ou parcial de imaxes de santos nos ríos e fontes…

Neste traballo recollemos imaxes e palabras do noso idioma para expresar toda a variedade das formas de auga procedentes da atmosfera: chuvia, neve, pedrazo, rosada, xeada… E completámolo con refráns, cantigas, lendas e unha escolma de textos de algúns dos nosos autores máis representativos.