Atrapan a un asasino xigante
3 Decembro 2011
Recentemente foi collido vivo en Bunawan, ao sur de Filipinas, o crocodilo de auga salgada máis grande atrapado nunca no mundo. Pesa máis de mil quilos e mide 6,4 mde lonxitude.
Suponse que este enorme animal foi a causa da morte dunha rapaza de 12 anos e un agricultor e de atacar a varias persoas máis.
Os cazadores estiveron perseguindo ao crocodilo durante 21 noites e escapoulles varias veces rompendo as cordas que o aguantaban.
Vanno a trasladar a un parque natural onde será a gran atracción.