Atopan unha nova especie de ave en Camboia

29 Xuño 2013
paxaro sastre

Un grupo de ornitólogos de BirdLife International e a Wil Wildlife Conservation Society, acaban de describir unha nova especie descuberta na capital de Camboia.

O paxaro sastre camboiano (Orthotomus chaktomuk) vive en Pjonm Penh, unha cidade de un millón e medio de habitantes. Ten a un prumaxe chamativa e un canto sonoro. Atópase en zonas de matogueira húmida e densa nas zonas baixas da cidade e os seus arredores. O seu hábitat é moi limitado polo que van propor que se protexa a especie.