Por que asubía unha ola a presión?
A ola a presión é un recipiente hermético para cociñar que non permite a saída do aire ou líquido por debaixo da presión establecida.
Cando se incrementa a presión o punto de ebulición aumenta. O punto de ebulición é aquela temperatura na cal a presión do vapor líquido iguala á presión de vapor do medio no que se atopa.
Na ola a presión a temperatura de ebulición é máis alta que as normais, pois a cocción efectúase a altas presións. O tempo de cocción cóntase cando alcanza a mesma presión que no lugar no que se atopa. Cando esta chega o límite a válvula libera o vapor en forma dun asubío que se orixina pola vibración que as moitas burbullas de vapor se formas nas minúsculas imperfeccións que hai no fondo do recipiente.
A primeira vibración ven dada pola separación de esas burbullas e o son que resulta e máis ben baixo.
Na segunda, débese á brusca comprensión das burbullas que van ascendendo ó entrar en contacto coas capas superiores e menos quentes de auga, estas arrefríanse, a súa presión interna diminúe e o peso da auga fragméntaas, e o son que provoca é máis agudo.
E cando a auga está o suficientemente quente, as burbullas logran chegar a superficie, onde se libera en aire atenuando o seu asubío.