Un ascensor para peixes??!!
O encoro de Frieira está situado entre dous concellos: o concello de Crecente, en Pontevedra e o de Padrenda, en Ourense.
Comezouse a construír nos primeiros anos da década dos 60 e finalizouse en 1970, sobre o río Miño, o cal separa, 300 metros máis abaixo da presa, Galicia de Portugal.
O proxectista da construción foi R. HOYO, A. CARREÑO e o titular da empresa é UNIÓN FENOSA GENERACIÓN S.A.
Este encoro ocupa unha superficie de 466 ha e ten unha potencia de 142.620 KW de electricidade. A súa capacidade é de 44hm3 e ten unha altura de 33 metros. Trátase dunha presa gravidade, xa que é o seu propio peso o que resiste a forza da auga. Ten numerosos usos, como o abastecemento de auga potable ou actividades recreativas, pero o máis importante é o uso hidroeléctrico.
Hai uns 10 anos, Unión Fenosa e a Xunta decidiron levar a cabo a construción dun ascensor para peixes, un proxecto que nunca funcionou e no que se invertiron moitos cartos, de galegos e de parte de Europa. Todo foi un fracaso, xa que non cumplías as normas e os peixes non subían.
Nalgunhas das escalas, os peixes que subían e logo querían baixar morrían, xa que acababan nas turbinas, polo que non cumple a Ley de Pesca Fluvial de Galicia (teñen que permitir a subida e a baixada).