Arroases na ría de Arousa

4 Abril 2012
golfiño

Resulta moi común ver golfiños e arroases nas nosas rías.

Os arroases son pequenos cetáceos con dentes que poden chegar a medir catro metros e pesar hasta 300 kilos. Viven en grupos que poden chegar aos 1.000 individuos e utilizan os sons, a danza e o salto para comunicarse, orientarse e alcanzar as súas presas. Poden establecer entre eles fortes lazos sociais, incluso algúns individuos feridos ou enfermos son coidados por outros. Os delfíns recén nados aliméntanse do leite materno e os adultos de peixes, calamares e mariscos.

Para respirar necesitan ascender á superficie do mar, momento en que resulta doado velos, facéndo un acopio de aire que lles permite permanecer mergullados ata 50 minutos. Durante a súa permanencia na auga os seus órganos respiratorios están pechados, de modo que poden inxerir alimentos sen que a auga penetre nos seus bronquios.

Existen diferentes especies de delfíns pero na costa galega os máis comúns son os chamados golfiños (Delphinus delphis) e, sobre todo, os arroases (Tursiups truncatus) como os que podedes ver no vídeo gravado cun teléfono móbil entre as bateas de Cambados e cazando fronte as praias do Carreirón.

See video