Arde Galicia!!
Outro verán máis moitos montes galegos voltaron a arder. Sendo máis concretos, foron arredor de 11.000 hectáreas as incendiadas ao longo destes últimos tres meses. As zonas máis afectadas foron Pontevedra e Ourense.
Son diferentes os motivos polos que se producen incendios, aínda que poden ser naturais, pola mestura entre a calor, a falta de humidade, e o forte vento (causa principal de que os incendios se estendan). Para estar preparados para estes calcúlase o “índice de risco diario de incendio” , no que se ten en conta a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o estado das estruturas preventivas das masas arbóreas e o estado do chan.
Pero o máis importante e que estes incendios levan moitos anos sendo moitos e grandes e a sensación é que non se fai nada.
Este acontecemento repítese practicamente cada ano e, a pesar disto, parece que non aprendemos o suficiente para evitar ou diminuír o dano o ano seguinte.
Cada ano cóntase coa axuda de medios públicos e privados para previr os incendios, para extinguilos o antes o posible, e para estudar a súa clasificación e procedencia. Esta é unha parte importante que conta cos helicópteros, bombeiros e demais infraestruturas necesarias para deter un incendio , que se leva a cabo mediante empresas privadas que o goberno paga cando as precisa, por iso non debemos esquecer que os incendios tamén son un negocio. Tamén están as queixas dos veciños sobre as axudas e denuncian que deberían ser máis e mellores, xa que semella que ano tras ano acontece o mesmo e non se aprende nada e resólvese pouco, un exemplo destas queixas é a organización dos bombeiros, que vai por zonas (vilas), polo que, aínda que unha zona esté a arder dunha maneiro brutal e os servizos desa zona non dean abasto, os da zona do lado non se implican nese incendio. Esta falta de coordinación débese a unha lei da Xunta en consecuencia dos recortes.
Os incendios aféctanos a todos, obviamente máis aos habitantes da zona afectada que, con medo, vesen obrigados a abandonar a súas casas e axudan cas súas mans botando caldeiros de auga para tentar salvar os nosos montes e as súas casas. Nestes momentos de alarma toda axuda é imprescindible xa que ten que ser coa maior rapidez posible para que se minimicen os danos.