Aprendizaxe «forzado»

29 Maio 2013
aprendizaxe-man

Hai pouco, Ruth Propper e seus compañeiros científicos da Universidade estatal de Mont Clair (EEUU), levaron a cabo un estudo que demostrou que se pechamos e apretamos a man dereita á hora de aprender algo novo isto axudaranos a gravalo con máis facilidade na nosa memoria e á hora de recordar estes coñecementos, ou outros anteriormente aprendidos, se pechamos a man esquerda e a apertamos será máis fácil recordar estes coñecementos.

Ruth Propper e os seus axudantes demostrárono facendo unhas probas no modelo de asimetría hemisférica na codificación e na recuperación da memoria ( siglas en inglés, HERA ), e fixeron un estudo no que unhas persoas tentaran memorizar durante 90 segundos, 72 palabras apertando unha e outra man e déronse conta que esta acción afectaba a actividade cerebral, evidentemente para mellor no tema de aprender e recordar algo. Estes descubrimentos suxiren que un movemento tan sinxelo como este pode afectarnos ao funcionamento do cerebro, neste caso axudándonos a memorizar.

O lóbulo prefrontal esquerdo encárgase de arquivar os conceptos mentres que o lóbulo dereito encárgase de recuperar a información do esquerdo. Popper afirmou que nun futuro estudaría se estes xestos tamén repercuten na fala e noutras habilidades.

Este estudo foi revelado na revista “PLOS ONE”.