Ao Polo Sur levados polo vento

2 Marzo 2012
acciona

Coíncidindo co centenario da chegada da expedición de Scoot ao Polo Sur Xeográfico, chegou tamén a primeira expedición no mundo que o fixo nun vehículo eólico propulsado polas forzas da natureza.

Os obxetivos desta expedición son chamar a atención sobre a importancia de apostar por plantexamentos innovadores cara a un futuro con enerxías limpas, e levar a cabo un programa científico na Antártida, con proxección ata o 2014, e prestando especial atención ao estudo do cambio climático.

O trenó funciona como unha base polar móbil de 3 x3 me vai tirado por 12 papaventos de diferentes tamaños que funcionan con ventos de entre 6 e60 km.

Para chegar ao Polo Sur empregaron 19 días e 12 horas e, despois de2.200 kmpercorridos chegaron á posición dos 90 ºS o 1 de xaneiro de 2012. Seguiron camiño e, despois de3.500 kme 45 días de navegación en trenó eólico, foron recollidos por unha avioneta que os devolveu á base.

Os compoñentes do grupo, dirixido por Ramón Larramendi, son Javier Selva, Ignacio Oficialdegui e Juan Pablo Albar.

See video