Antonio Casares, o pai da química galega

Día do Científico Galego
3 Maio 2012
Antonio Casares

Antonio Casares (Monforte de Lemos, 1812) está considerado o pai da química en Galicia, pero tamén axudou a impulsar a industria e a agricultura da Comunidade.

Por iso a Real Academia Galega das Ciencias decidiu dedicarlle o Día do Científico Galego. Nesta homenaxe, celebrada o pasado 23 de abril, estivo presente o seu tataraneto e actual reitor da USC, Juan Casares Long.

Antonio Casares licenciouse en Filosofía e Farmacia e, aos 60 anos, en Medicina. Con 24 anos gañou por oposición á primeira Cátedra de Química Aplicada as Artes da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, que abandonaría  para converterse no primeiro catedrático de Química da USC e durante os últimos 16 anos da súa vida foi reitor da USC; o segundo con máis anos da historia.

Pero sen dubida destaca polo seu espirito pioneiro e multifacético. Foi un dos creadores do análise químico e un dos iniciadores da espectroscopía. Ademais realizou os primeiros estudios sobre as fontes de auga medicinais e os viños; de feito foi o primeiro que levou acabo a primeira catagolación científica da uva galega. Foi a segunda persoa no mundo que sintetizou éter e cloroformo para levar a cabo a segunda intervención cirúrxica da historia.

O seu carácter emprendedor levouno a acender a primeira luz eléctrica con arco fotovoltaico de España e a descubrir dous novos minerais: morenosita e zaratita. E foi un dos expertos que ditaminou que os restos descubertos na Catedral eran do Apóstolo e non dun dos seus discípulos.

morenosita-zaratita