Anos de traballo ao lixo

13 Decembro 2012

O gran furacán Sandy tamén afectou á ciencia debido aos apagóns e inundacións que povocou. Varios laboratorios da cidade de Nova York víronse gravemente afectados, nalgúns perderon miles de roedores e algúns experimentos foron alterados de tal xeito que se retrocederán varios anos.

Sandy

O centro Smilow da Universidade de Nova York foi un dos máis afectados.  Atópase ao leste de Manhattan e os apagóns que Sandy provocou na noite do luns destruíron centos de probas biolóxicas que se conservaban en frigoríficos e conxeladores que non puideron contar cun xerador de corrente alternativo.

Ademais, os roedores estaban situados nos sotos do centro e isto provocou, a causa das inundacións, a morte de mais de 7.500 ratos nos laboratorios a pesar dos esforzos dos traballadores por tratar de salvar as gaiolas onde se atopaban os animais.

Moitos outros centros do país ofrecéronse para compartir os seus ratos de laboratorio cos investigadores afectados, aínda que nalgúns casos será imposible remprazar aos animais de estudio que xa sufrían modificacións xenéticas ou características únicas. O director desta institución, Gordon Fishell, dedicado á neurociencia, recalcou que algúns deses exemplares eran froito de 10 anos de traballo e que tardarán moito tempo en remprazalos.

rato laboratorio