A anorexia
7 Septembro 2013
A anorexia é unha enfermidade que consiste nun trastorno na conduta alimentaria que supón a perda de peso provocada polo propio enfermo.
A principais características desta enfermidade son a excesiva obsesión en non gañar peso, non tomar calorías, facer moito exercicio físico e a percepción distorsionada e delirante do propio corpo que fan que a persoa enferma se vexa gorda, aínda que o seu peso estea por debaixo do recomendado.
A anorexia é máis común nas mulleres, entre os 15 e 25 anos, aínda que cada vez xa son máis os homes que a padecen.