Ano Mundial da Agricultura Familiar
A Asemblea Xeral da ONU acordou declarar o 2014 como Ano Internacional da Agricultura Familiar, unha iniciativa promovida polo Foro Rural Mundial e respaldada por máis de 360 organizacións civís e campesiñas de todos os continentes.
Esta celebración pretende promover políticas activas a favor do desenvolvemento sostible dos sistemas agrarios basados na unidade familiar campesiña, comunal, indíxena, cooperativa, e pesqueira. Pretende ademais loitar de forma eficaz contra a pobreza e a fame e buscar un medio rural basado no respecto polo medio ambiente e a biodiversidade. Tamén busca facer que aumente a visibilidade da agricultura familiar e a agricultura a pequena escala e centrar a atención mundial sobre o seu importante papel na loita pola erradicación da fame e da pobreza, a seguridade alimentaria e a nutrición, para mellorar os medios de vida, a xestión dos recursos naturais, a protección do medio ambiente e un desenvolvemento sostible das zonas rurais.
Unha das metas é conseguir que este tipo de agricultura se reposicione como centro de interese das políticas dos países, promovendo medidas de apoio e colaboración aos pequenos produtores (comercialización, acceso a financiación, formación e tecnoloxía, distribución da terra...)
QUÉ SE CONSIDERA COMO AGRICULTURA FAMILIAR?
As actividades relacionadas coa producción agrícola, forestal, pastoril, acuícola... xestionadas por unha familia e que dependen fundamentalmente da man de obra familiar. Esta é unha das formas de producir alimentos predominante tanto en paises desenvolvidos como sen desenvolver.
POR QUÉ É IMPORTANTE A AGRICULTURA FAMILIAR?
-Está ligada á seguridade alimentaria mundial.
-Rescata os alimentos tradicionales, contribuíndo a unha dieta equilibrada, á protección da biodiversidade agrícola do mundo e ao uso sostible dos recursos naturais.
-Representa unha oportunidade para dinamizar as economías locais, especialmente cando se combina con políticas específicas destinadas á protección social e ao benestar das comunidades
Centrándonos en Galicia, este tipo de actividade segue ocupando a un sector importante da poboación, que produce alimentos de moi alta calidade e que nos últimos tempos atopou moitas dificultades para facer rendible o seu traballo, o que levou ao abandono do rural e de moitas explotacións.
Sería bo que se aproveitase este ano para poñer os medios de apoiar a este importante sector da nosa sociedade.