Ano Internacional dos Bosques

6 Abril 2011
Ano Internacional dos Bosques

O 2011 é o ano internacional dos bosques, uns ecosistemas imprescindibles para a vida. Son os responsables da produción de aproximadamente o 30% do osíxeno da atmosfera e e de eliminar CO2, polo tanto a súa conservación é imprescindible para frear o cambio climático.

Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas de bosques, a un ritmo de38 hapor minuto. De seguir así os grandes bosques tropicais terán desaparecido en 50 anos.

Os bosques son o hábitat de multitude de seres vivos, regulan a auga, conservan o solo e a atmosfera e subministran multitude de produtos útiles. Achegan madeira para usala como combustible ou na construción, carbón vexetal, imprescindible na primeira industria do ferro, caza, resinas, froitos, mediciñas...

Os bosques constitúen o hábitat de 2/3 da biodiversidade do planeta. Só a destrución dos bosques tropicales produce a perda de 100 especies por día.

Os bosques cobren, na actualidade, entre un 25 e un 35% da superficie do planeta.

A FAO estima que cada ano pérdense máis de 130.000 km² de bosques debido á deforestación para convertelos en terras agrícolas, talar madeira, construír poboacións.

A deforestación representa ata un 20 % das emisiones globais de gases de efecto invernadeiro, que contribúen ao quecemento global e, con elo, ao cambio climático.

O bosque máis extenso do mundo é a Selva Amazónica, situado na área tropical de América do Sur, cunha superficie de seis millóns de quilómetros cadrados repartidos en oito países. En Galicia hai aproximadamente375.992 hade bosques autóctonos.

Desde hai dous séculos xurdiron movementos conservacionistas para protexer os bosques e outros ecosistemas naturais e moitas áreas de bosque contan con protección. En Galicia as máis importantes son as Fragas do Eume, Enciña da Lastra, Montes do Invernadeiro, A Devesa de Rogueira (O Courel), as fragas dos Ancares...