Ano Internacional da Cristalografía

3 Xaneiro 2014
AI-cristalografía

A Asemblea da ONU ven de declarar o ano 2014 como ANO INTERNACIONAL DA CRISTALOGRAFÍA coíncidindo co centenario do inicio da cristalografía moderna e do seu recoñecemento como o instrumento máis poderoso na determinación estructural da materia.

Ademais é o 65 aniversario da fundación da Unión Internacional de Cristalografía, unha organización que leva traballado moito neste campo.

cristalografía é a ciencia experimental que estuda o ordenamento dos átomos nos sólidos. Antes a cristalografía era o estudo científico de pedras cristalinas.

Os métodos de estudo da cristalografía moderna básanse no emprego do microscopio electrónico e na análise dos patróns de difracción que xurden dunha mostra cristalina ao irradiala cun feixe de raios X, neutróns ou electróns.

Un material cristalino é aquel no que os átomos se estruturan en redes tridimensionais que se repiten. A estrutura que se repite chámase célula cristalina. Esas estruturas poden aparecer en materiais macroscópicos como formas xeométricas ou planos de cortadura.

APLICACIÓNS DA CRISTALOGRAFÍA:

-Biotecnoloxía, investigación e elaboración de medicamentos

-Nanotecnoloxía

-Deseño a aplicación de novos materiais

-Estudo da contaminación do solo e as plantas

Grazas á cristalografía a ciencia deu grandes pasos. Un exemplo da importancia da cristalografía é que ata a actualidade foron concedidos vintetrés Premios Nobel nese campo.

A cristalografía amosa por que o sangue é vermello e o céspede verde, por que o diamante é duro e a cera branda, por que o grafito escribe sobre o papel e por que a seda é forte

                                                                                                                (Max Perutz, Premio Nobel de Química)