Ano dos Morcegos

2 Febreiro 2012
ano morcegos

A Organización das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP), a Convención sobre a Conservación das especies Migratorias de animais silvestres (CMS) e o Secretariado do Acordo para a Conservación das Poboacións de Morcegos Europeas (EUROBATS) uníronse para celebrar o ANO DOS MORCEGOS.

Na Terra hai 1.200 especies de morcegos, algúnshas en grave perigo de extinción.

Os morcegos son moi importantes para os ecosistemas onde viven e moi especialmente para as zonas agrícolas xa que manteñen o campo libre de insectos e polinizan moitas plantas. Os insectívoros cazan grandes toneladas de insectos que son prexudiciais para os cultivos e transmiten enfermidades, polo que aforran o emprego de gran cantidade de insecticidas e os alimentos son máis naturais.

Nalgúns lugares a observación dos morcegos é un atractivo turístico.

morcego Bahader

(EUROBATS