Ano Asorey
O pasado decembro o Instituto Asorey comezou coas actividades para conmemorar o 50 aniversario da morte do escultor. Inaugurouse unha exposición e presentouse o proxecto de traballo para o curso 2010-2011.
PRIMEIRO TRIMESTRE -Traballo de base sobre a vida e obra de Asorey por parte do alumnado nas materias de xeografía, historia, arte e cultura clásica.
-Departamentos implicados: xeografía e historia e cultura clásica.
SEGUNDO TRIMESTRE -Realización dunha exposición no vestíbulo do instituto con moito material fotográfico e alguna obra orixinal do escultor. -Departamentos implicados: xeografía e historia, plástica, tecnoloxía e galego -Grabación e montaxe dun video con entrevistas a persoas próximas a Asorey: seu fillo, colaboradores, artistas etc. Departamentos implicados: xeografía e historia e electrónica.
TERCEIRO TRIMESTRE Configuración dunha páxina web que funcione como museo virtual da obra do artista cambadés con información en varias linguas.
Departamentos implicados: xeografía e historia, plástica, tecnoloxía, galego, castelán, inglés e francés Deseño e publicación (en papel ou na rede) dun “Roteiro Asorey”, coa localización e explicación das obras de Asorey que se atopan espalladas por toda a xeografía galega, en varias linguas. Departamentos implicados: xeografía e historia, plástica, tecnoloxía, galego, castelán, inglés e francés.