Anna María Sibylla, unha científica esquecida

3 Maio 2013
Anna Sibylla

Anna María Sibylla Merian  foi unha naturalista, exploradora e pintora considerada actualmente como unha das iniciadoras da entomoloxía moderna.

Fixo observacións detalladas e descricións con ilustracións propias sobre a metamorfose das bolboretas e outros insectos. No seu tempo considerábase que os insectos eran o resultado da “xeracións espontánea do lodo en putrefacción”. María observou que saían das eirugas e comezou a investigar sobre todas as fases da súa transformación, a súa alimentación e as plantas das que dependían. Clasificou as bolboretas en diurnas (capelas) e nocturna (coruxas).

Era alemana, de pais suízos. Naceu en 1.647. Filla de Mattäus Merian, que morreu cando ela tiña 3 anos. Sendo nena Jacob Marell, o seu padrasto, ensinoulle a debuxar, pintar e grabar . Aos 13 anos xa pintaba  imaxes de insectos que capturaba para observar. Aos 18 anos, en 1665 Maria casou con Johan  Andreas Craft  e dous anos despois tivo a súa primeira filla Johanna Helena .

Mudaronse a Núnberguerg . Publicou o seu primer libro  de debuxos a os 28 anos . En 1678 naceu a súa segunda filla , Dorotha Maria. En 1685 María separouse do seu marido, e mudouse a Holanda.

En 1699 ,con 52 anos viaxou con a sua filla menor a Surinam onde fixo numerosas expedicións para estudiar os insectos, as arañas e outros animais . En 1701 contaxiouse da malaria e debeu interrumpir a súa viaxe. Volveu a Holanda, onde traballo dando clases de de pintura e preparou os seus libros. Morreu en 1717 aos 70 anos.

O seu traballo foi redescuberto e posto en valor a finais do século XX. En Alemaña puxeron o seu retrato nun billete de 500 marco e nun selo.

OBRAS:

-Novo libro de flores, volume 1 (1675)

-Novo libro de flores, volume 2 (1677)

-Novo libro de flores, volume 3 (1677)

-A eiruga, maravillosa transformación e extrana alimentación floral (Der Raupen wunderbare Verwandlung und sonderbare Blumennahrung), (1679).

-Metamorfose dos insectos do Surinam (Metamorphosis insectorum Surinamensium), (1705)

“Na miña xuventude adiqueime a buscar insectos. Comecei cos vermes de seda da miña cidade natal de Fráncfort. Despois establecín que a partir de outras eirugas se desenvolvían moitas das fermosas bolboretas diurnas, como fan os vermes de seda. Isto levoume a recoller todas as eirugas que podía atopar para observar as súa transformación.

(do prólogo de Metamorfose dos insectos do Surinam).