Aniversario da chegada do home á Lúa
O Apolo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde unha plataforma de Cabo Kennedy en Florida (Estados Unidos).
A tripulación estaba formada polo comandante Neil A. Armstrong, de 38 anos, o piloto do LEM, Edwin E. Aldrin, de 39 anos e o piloto do módulo de mando Michael Collins.
Neil Armstrong pilotou o módulo lunar e conseguíu unha alunizaxe segura ás 2:56:20 horas do día 21 de xullo. Cando pisou a Lúa por primeira vez pronunciou a famosa frase: “É un pequeno paso para un home, pero un gran paso para a humanidade”.
Os astronautas estiveron arredor de dúas horas e media camiñando sobre a Lúa, recollendo mostras, facendo experimentos e tomando fotografías.
O 24 de xullo os tres homes amerizaron no océano Pacífico e foron recollidos polo portaavións U.S.S. Hornet. Recibiron numerosas homenaxes. Só Neil Amstrong recibiu 20 medallas.