As andoriñas

4 Maio 2013
andoriñas

A andoriña é unha ave insectívora e pequena, duns 19 cm, que se atopa en África, Europa, Asia e América.  A súa plumaxe é negra azulada e branca no dorso.

Ten o peteiro curvo, a cola en punta e dividida en dúas, ás fortes e patas curvas.

O seu corpo está adaptado para vóos rápidos e longos, voando en espazos abertos ou semiabertos.

Esta ave vive en aldeas e vilas, pero tamén no campo. Constrúe niños de barro e no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo os beiraos dos edificios, das pontes e nas paredes das rochas e cantís. O barro húmido permítelles pegar os niños en paredes sempre que haxa algunha estrutura que o soporte, como pode ser o caso do exemplo das fotografías dun galpón de Castrelo onde se ve que utilizaron uns enchufes para tal finalidade.

Estase a comprobar desde hai anos que debido ao cambio climático, a andoriña chega antes ao noso territorio e marcha mais tarde; é polo tanto un bo indicador dos cambios climáticos que se están a sentir na nosa zona.

No inverno emigra cara o Círculo Polo Ártico.

E como curiosidade queremos rematar cunha  anécdota, pois os niños de andoriña úsanse en China cons fins culinarios para facer sopas.