Análises da auga

7 Outubro 2013
auga-analise

Un grupo de alumnas e alumnos de 4º D fixemos, no laboratorio de Física e Química, unha serie de experiencias para analizar a auga da billa.

A experiencia consiste en determinar algunhas características da auga, como o pH, e a presenza de determinadas substancias químicas: fosfatos, nitritos, nitratos e amonio, para o que empregamos unha serie de reactivos e unhas táboas con indicacións basadas na cor.