Amelia Earhart, unha muller pioneira da aviación

6 Septembro 2012
Amelia Earhart

O 2 de xullo de 1937 desaparecía sobre o océano Pacífico o avión tripulado por Amelia Earhat e o seu acompañante Frederick Noonan. Desde A Buxaina queremos facer unha pequena homenaxe a esta muller que foi pioneira na aviación e unha gran defensora da igualdade e das liberdades das mulleres.

En 1928 foi a primeira muller que cruzou o Atlántico en avión con Wilmer Stultz e Louis Gordon que pilotaban o avión. Amelia foi nomeada comandante do voo.

Impulsou a aviación entre as mulleres. Organizou carreiras aéreas, fundou asociación con mulleres pilotos.

No seu Lockheed Vega superou marcas de velocidade e de altitude para mulleres. En 1932 realizou a viaxe en solitario polo Atlántico aterrando en Irlanda. Foi a primeira muller en facer un voo solitario no Atlántico, a primeira persoa en facelo dúas veces, a distancia máis longa voada por unha muller sen parar, record por cruzalo no menor tempo.

En 1935 realizou un voo desde Honolulu ata Oakland e máis tarde desde Os Ángels á Cidade de México e de aló a Newark.

En 1935 comezou a planear facer unha viaxe ao redor do mundo no Lockheed Electra 10E, a que sería a súa última aventura. Marcaría dous fitos: a primeira muller en facelo e a maior distancia posible circunnavegando o globo no ecuador, pero non o conseguiu por pouco.

Nunha das cartas ao seu home escribiu:

“...por favor debes saber que son consciente dos perigos, quero facelo porque o desexo. As mulleres deben tentar facer cousas como o fixeron os homes. E cando fallen, o seu fracaso non debe ser senón un reto para outras”.